El Correo Gallego

Noticia 66 de 75 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

Terceiro luns negro en Valga: tras as mortes nun accidente de tractor e un atropelo, un tren acabou coa vida dun veciño

Chamábase José López Castiñeiras, tiña 66 anos, e era propietario do furancho A De Pepe

José López Castiñeiras - FOTO: C.G.
José López Castiñeiras - FOTO: C.G.

A.P.   | 19.02.2019 
A- A+

Valga. Este mes de febreiro está a ser fatídico para o Concello de Valga. Nos últimos tres luns aconteceron varios sinistros que se saldaron coa morte dun veciño. O primeiro tiña lugar o pasado día 5, no que falecía un octoxenario ao quedar atrapado baixo un tractor agrícola que volcou cando circulaba por un camiño, nunha aldea no lugar de Balleas. O segundo rexistrábase o luns 11, xornada no que un turismo atropelaba a un home de 87 anos cando cruzaba a estrada por un lugar non habilitado para elo. Como consecuencis, o home falecía.

O último accidente deste 'mes negro' tiña lugar onte en Catoira, pero o a vítima era un veciño de Valga. Un home de 66 anos morreu ao ser arroiado por un tren á altura deste municipio pontevedrés. Preto do lugar atopábase o vehículo do falecido, que tiña engalanchado un remolque no que portaba unha motoserra. O punto do accidente, segundo informaron fontes de Adif, foi un paso a nivel sen barreira pero con sinal de atención ao tren de 'Stop. Pasaxeiros e trens afectados'. Está aberta unha investigación para aclarar o sucedido, sen que por agora se coñeza cales son as hipóteses.

Como consecuencia do ocorrido, víronse afectados os 108 pasaxeiros que viaxaban no tren de Vigo ata A Coruña, con saída ás 12.30 horas. Ademais, quedaron afectados outro tres trens. En conreto, os que viaxaban nesa franxa horaria entre A Coruña-Vilagarcía e Santiago-Vigo e o de primeira hora da tarde entre Vilagarcía e Santiago.

A vítima chamábase José López Castiñeiras, traballaba nunha funeraria e era propietario do furancho A De Pepe. Era un home moi coñecido na comarca e coa súa morte deixa dúas fillas e un fillo.