Lunes 21.10.2019 Actualizado 00:39
Google    

El Correo Gallego

Noticia 82 de 223 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

Trece alumnos asisten no Auditorio á Masterclass de viola e violín impartida pola solista internacional Natalia Arestova

“Hai un bo nivel entre os participantes, contan cunha boa profesora na Escola Municipal de Música”, asegura a docente // A actividade clausúrase mañá cun concerto a partir das 21 horas con entrada de balde

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 23.07.2019 
A- A+

Trece alumnos participan dende hoxe no Auditorio na I Masterclass de viola e violín, que organizan o Concello de Valga e a Escola Municipal de Música e que imparte a solista internacional Natalia Arestova.

Os participantes son, na súa maioría, nenos e mozos de ata 17 anos de idade, aínda que tamén asiste unha músico profesional. Dos trece, doce tocan o violín e dous a viola. A pesar das súas similitudes, estes son dous instrumentos que precisan de técnicas diferentes para sacarlles o máximo partido. “Moita xente pensa que tendo unha boa técnica co violín lles será fácil tocar a viola e non é así. A viola é máis grande, ten cordas diferentes e necesítase un traballo técnico máis duro para encontrar unha boa sonoridade”, explica a profesora.

O nivel que se atopou entre o alumnado valgués “é bo. Concan cunha boa profesora na Escola de Música, Carmen Gallego, que está aberta a diferentes opinóns que sean beneficiosas para os rapaces. Isto é importante xa que, habitualmente, cando un mestre pasa tanto tempo cos seus alumnos adoita pasar por alto pequenos detalles, polo que sempre é bo contar coa opinión doutro profesor”.

A Masterclass, que se clausura mañá cun concerto a partir das 21 horas, inclúe tanto traballo individual e personalizado con cada un dos alumnos, como sesións grupais. “Gústame sempre escoitar aos músicos antes de plantexarme que tipo de traballo realizar con eles. Cada un é diferente e o que é interesante para un poden non selo para outros”.

Natalia Arestova naceu en Siberia, na cidade de Zheleznogorsk, (Rusia). Graduouse na School Ural State Conservatory, no departamento de Música de Cámara. É coorganizadora e participante do "Festival of Contemporary Music" é do Ural State Conservatory. Entre 2012 e 2016 foi músico da Ekaterinburg Opera and Ballet Theater e, en 2017, do Beijing Exhibition Center.

Será a profesora de Música de Cámara do Centro Superior de Música de Valga, aínda que ata o de agora as súas incursións na docencia foron puntuais. “Non adoito dar clase, xa que a miña faceta primordial é tocar e ofrecer concertos. Estou doutorada en Música de Cámara de alto nivel, con diferentes grupos e combinacións instrumentais. O que si me gusta moito é tocar con nenos. É moi importante para eles traballar a música de cámara, xa que así seralles máis doado integrarse nunha Orquestra Sinfónica”, explica.