El Correo Gallego

Noticia 28 de 173 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

Tres agrupacións actuaron no Festival de Orquestras organizando pola escola de música

Pere Molina dirixiu as orquestras de Borriol e Lira Saguntina e Manuel Villar, a Orquestra de Cámara de Valga // Os concelleiros Malena Isorna e Pedro Calvo recibiron aos músicos valencianos

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 29.07.2019 
A- A+

O Festival de Orquestras, organizado polo Concello de Valga e a Escola Municipal de Música, reuniu o sábado no Auditorio a tres agrupacións: dúas chegadas da Comunidade Valenciana –a Orquestra de Borriol e Lira Saguntina–, que actuaron baixo a dirección de Pere Molina, e a anfitrioa, a Orquestra de Cámara de Valga, que estivo dirixida por Manuel Villar Touceda.

Ofreceron un concerto con temas de bandas sonoras de coñecidas películas, como Forrest Gump, Cinema Paradiso, El Señor de los Aniños, Piratas del Caribe, Paque Jurásico, Memorias de África, Gladiator e La Lista de Schindler.

Os músicos valencianos foron recidos pola concelleira responsable da Escola de Música, Malena Isorna, e polo edil de Cultura, Pedro Calvo, que lles fixeron entrega dun agasallo en recordo da súa estancia en Valga.