El Correo Gallego

Noticia 50 de 105 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

Unha empresa valguesa executa as obras de mellora da climatización no Auditorio Municipal

Estanse a instalar dúas unidades enfriadoras para dar servizo á sala principal e á zona de camerinos // A actuación contratouse por un orzamento de 81.070 euros

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 25.04.2019 
A- A+

A empresa valguesa Instalaciones Nurmel S.L. está a executar as obras de mellora da climatización no Auditorio Municipal, un proxecto adxudicado por un importe de 81.070 euros e incluída no Plan Concellos 2019.

A actuación conleva a instalación de dúas unidades enfriadoras exteriores e tamén dunha rede de condutos de distribución de aire interiores para dar servizo á sala principal do Auditorio e á zona de camerinos.

Con este proxecto mellorarase o benestar e o confort dos usuarios do Auditorio Municipal ao adecuarse as condicións térmicas do inmoble, especialmente no verán, unha época na que ata o de agora a sensación térmica dentro da sala se elevaba en demasía polo efecto combinado da climatoloxía e das características propias do recinto.