El Correo Gallego

Noticia 2 de 362 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

Valga celebrou o desfile de Entroido con gran participación

ARCA   | 03.03.2020 
A- A+

O concello celebrou onte o desfile de Entroido, que tivo lugar nas inmediacións do auditorio municipal e contou cun total de 76 inscricións: 27 disfraces individuais, 20 parellas, 14 grupos e 15 comparsas. O certame repartiu un total de 2.850 euros en premios. Os participantes fixeron un pequeno percorrido por Ferreirós para amosar os seus disfraces tanto ao numeroso público presente como ao xurado.