El Correo Gallego

Noticia 38 de 173 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

Valga renova as tubaxes de abastecemento de auga no lugar da Devesa

Unha vez rematados os traballos, executarase a pavimentación da estrada // Instalaranse varios lombos redutores de velocidade para mellorar a seguridade viaria

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 17.07.2019 
A- A+

O Concello de Valga está a executar obras de mellora da rede municipal de abastecemento de auga no lugar da Devesa (Campaña), unha zona na que a antigüidade da infraestructura existente viña motivando frecuentes roturas e pequenas avarías.

Os traballos, que executan operarios do servizo municipal de Obras, afectan a un tramo duns 350 metros lonxitude comprendido entre as proximidades do parque e o Quinteiro. Consisten na retirada da vella tubaxe e a súa substitución por unha nova condución de 90 milímetros de diámetro.

Unha vez rematadas estas obras, procederase ao asfaltado da estrada por parte da empresa Covsa e á instalación de varios lombos redutores de velocidade en aras da seguridade viaria.