El Correo Gallego

Noticia 3 de 362 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

Valga solicitou dous obradoiros de emprego

M. R.   | 05.03.2020 
A- A+

O Concello de Valga, xunto ao de Moraña, vén de solicitar á Consellería de Economía dous novos obradoiros para formar a un total de 36 persoas desempregadas.

Nun dos proxectos poderían participar 16 parados nas especialidades de albanelería e forestal. O segundo é o Obradoiro de Emprego Ulla-Umia V, que inclúe as especialidades de forestais e carpintería.