El Correo Gallego

Noticia 54 de 115 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

A VII edición da Festa da Matanza Tradicional celebraráse o 27 de abril

O prazo para inscirbirse na comida popular remata o día 24 e o prezo é de dez euros por persoa // Dous cochos, un para poxar entre os asistentes e outro para o xantar, críanse dende hai meses na Escola Taller

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 27.04.2019 
A- A+

A sétima edición da Festa da Matanza do Porco, que organiza a asociación Amigos do Belén coa colaboración do Concello, terá lugar o sábado 27 de abril no patio do colexio Xesús Ferro Couselo de Cordeiro.

Os asistentes poderán presenciar a partir das 11 horas unha representación da matanza tradicional e participar, depois, nunha comida popular con produtos típicos da mantanza como rixóns, zorza, cocido, bolos do pote e callos. De postre prepararanse filloas e pudin de morcilla, ademais de sobremesa con café e caña. A continuación haberá un baile co grupo musical “Nueva Era”.

O prezo para asistir é de dez euros por persoa e o pazo para anotarse rematará o 24 de abril. Os veciños interesados en participar poden anotarse nas oficinas do Concello ou no Auditorio Municipal.

Como é habitual, para a celebración desta festa adquiríronse dous cochos que dende hai meses se crían no recinto da Escola Taller. Un deles será poxado o día da festa entre os asistentes e a carne do segundo será a que se deguste no xantar popular.