El Correo Gallego

Noticia 155 de 362 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

A Xunta contrata obras de mellora no Colexio de Baño nas que investirá 22.000 euros

Renovarase o valado perimetral do recinto para unha maior seguridade // Tamén se actuará no piso do patio cuberto para evitar esvaróns

CONCELLO DE VALGA  | 04.10.2019 
A- A+

A Xunta de Galicia ten previsto acometer obras de mellora no CEIP Plurilingüe Baño-Xanza para mellorar a seguridade no recinto educativo.

Os traballos proxectados consistirán, por unha parte, na substitución de todo o valado perimetral do colexio, que se atopa moi deteriorado debido á súa antigüidade. Ademais, tamén se levarán a cabo obras de fresado no piso do patio cuberto co obxectivo de que non se produzan esvaróns do alumnado.

Estas actuacións contan cun orzamento de 21.755’79 euros e serán financiadas integramente pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Os traballos contan cun prazo de execución de dous meses e xa están adxudicados á empresa Covisam Norte S.L., polo que darán comezo proximamente.