El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela » Vedra

A agrupación de avoas de Vedra, contra o cancro infantil

A.P   | 26.04.2019 
A- A+

VEDRA A agrupación Nas Mans da Avoa do Centro Social da Terceira Idade de Vedra vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG). Os fondos recadados coa venda dos 'Paniños Pranenos' irán destinados a axudar a todos os pequenos que sufran de cancro.