El Correo Gallego

Noticia 16 de 17 noticia anterior de Vedra Área de Compostela » Vedra

Amplíase a rede de abastecemento de auga vedresa

Obras de canalización que se están executando en Vilanova - FOTO: ECG
Obras de canalización que se están executando en Vilanova - FOTO: ECG

A.P.   | 23.02.2019 
A- A+

O Concello vén de confirmar o inicio das obras de ampliación da rede de subministración de auga nas parroquias de San Xián, Illobre, Vedra e San Pedro de Vilanova (onde xa comezaron os traballos). Esta acción está incluída no POS 2018 cun orzamento de 287.420 €, dos que 213.876 son aportados dende a administración provincial e o resto son de orixe municipal.