El Correo Gallego

Noticia 8 de 20 noticia anterior de Vedra Área de Compostela » Vedra

Presentación do programa da iniciativa local destinada á xuventude "Val do Ulla" dos concellos de Boqueixón, Vila de Cruces e Vedra

FOTO: Concello de Vedra
FOTO: Concello de Vedra

CONCELLO DE VEDRA  | 15.04.2019 
A- A+

A pasada fin de semana no Centro de Formación Municipal de Vedra presentouse, da man dos seus tres alcaldes, o Programa de Dinamización Xuvenil “Val do Ulla” no que Boqueixón, Vila de Cruces e Vedra promoven entre a súa xuventude a adquisición das competencias necesarias para acadar un desenvolvemento persoal, social e profesional adaptado á súa contorna, as súas necesidades e aos seus intereses.

Trátase dun programa co cal dinamizar as canles de comunicación - información entre a xuventude e co que promover a dinamización xuvenil dos tres municipios.

Dentro do mesmo atopamos os seguintes cinco proxectos:

- O POSTA A PUNTO: Que promove accións formativas relacionadas coa adquisición de competencias para o emprendemento creativo. Que dota de ferramentas á mocidade para o seu crecemento persoal e profesional e lles da a posibilidade de empoderamento. E que fornece de habilidades básicas interdisciplinares en materia de emprego.

- O PUNTO CREA: Que pretende crear un espazo para a reflexión sobre as experiencias formativas do programa e a creación de ideas innovadoras no eido do emprendemento rural creativo. Tratándose logo dun afondamento da idea do “Posta a Punto” que xa leva anos a funcionar.

- O PUNTO A PUNTO: Nesta outra liña de acción propón dar respostas formativas aos potenciais xacementos de emprego no territorio “punto a punto” no ámbito do turismo (co río Ulla como eixo vertebrador) no ámbito sociosanitario, no acompañamento social e no ámbito das TICs.

- O PUNTO por PUNTO: Oferta un programa de formación que precisamente pasa por educar punto por punto en emoción e con valores nos diferentes centros de ensino como complemento e de forma transversal á formación que están a recibir, como un percorrido polo seu “eu” que lle poida servir para a totalidade dos seus contextos e realidades

- O PUNTO INFO. Que implica o traballo de difusión, posta en coñecemento e en valor todas as acción derivadas dos anteriores 4 proxectos. Unha labor que corre a cargo do persoal técnico dos 3 concellos.

Con todo isto de base, Manuel Fernández (alcalde de Boqueixón), Jesús Otero (alcalde de Vila de Cruces) e Carlos Martinez (alcalde de Vedra) presentaron conxuntamente este programa que unha vez mais fusiona aos tres concellos nunha mesma dirección de traballo para coa mocidade dos tres municipios.