El Correo Gallego

Noticia 1 de 20 noticia anterior de Vedra Área de Compostela » Vedra

Vedra conmemora o Día das Letras Galegas

Presentou a campaña “O galego máis ti… ti máis o galego”

CONCELLO DE VEDRA  | 20.05.2019 
A- A+

Área de Extensión Sociocultural de Vedra celebrou o Festival das letras na Nave da estación de tren de Santa Cruz de Ribadulla.

Rosalía e Castelao conduciron o acto a través da colaboración da Asociación Cultural Papaventos co noso Día das Letras. Contando deste xeito cuns presentadores de excepción que fixeron un pequeno percorrido pola historia das letras en Galicia.

A música en galego correu a cargo das actuacións de tres corais do concello de Vedra con letras en galego. Ca Coral “Os do Canto” da Terceira Idade de Vedra, a Coral “Ledicia” de San Xiáne a Coral Polifónica de Santa Cruz de Ribadulla.

Tamén houbo tempo para a presentación da Campaña de sensibilización: “O galego máis ti… ti máis o galego” da que participan os tres centros educativos do concello. Tratase dunha acción proposta polo concello coa que se pretende materializar a relación entre o galego e a nosa infancia e mocidade a través dun vídeo.