Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vedra converteuse nun fervedoiro de xente nas Xornadas arredor da Camelia

"Non agardábamos tanta xente, Vedra estivo ateigada dende o mediodía e durante a tarde foron aumentado os visitantes". Así o indicou o concelleiro de Cultura do municipio, Enrique Vázquez, que se amosou encantado coa participación este ano. "O bo tempo axudou e tamén as múltiples actividades que implicaron aos nenos", engadiu. A xornada estivo inaugurada pola conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. As 13.00 horas tivo lugar a entrega de premios e agasallos para as mostras de Flor e Ornamentación con Camelia. Este ano as asociacións participantes representaron distintos motivos do Entroido. Non faltaron as actuacións da man da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla e da agrupación UllaDeza Brass band. Xa polo serán foi o turno dos obradoiros infantís e da entrega dos premios do concurso de debuxo infantil. A gañadora na categoría de 0 a 3 anos foi Vera Pazo, na de 7 a 9 o galardón foi parar a Lois Barreiro e na de 10 a 12 Iria Couto fíxose coa vitoria. Tras isto, a festa pechouse cun espectáculo de clown e malabares e cun atranque infantil dos Xenerais da Ulla.

24 feb 2019 / 22:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito