El Correo Gallego

Noticia 3 de 21 noticia anterior de Vedra Área de Compostela » Vedra

Vedra despediu con festivais as actividades deportivas

FOTO: ECG
FOTO: ECG

A.P.   | 10.06.2019 
A- A+

As escolas deportivas de Vedra veñen de pechar tempada coa celebración dos festivais de fin de curso. Neles participaron máis de 150 escolares inscritos nas actividades de karate, bádminton, patinaxe, ximnasia rítmica e baloncesto. Despídense así ata setembro, mes no que se anunciará a nova tempada.