Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vedra homenaxeou a Mariano Lema Pérez

Ex concelleiro de cultura que destacou pola súa labor en prol da herdanza cultural de Vedra

Vedra homenaxeou ao finado Mariano Lema Pérez ex concelleiro de cultura polo Bng que destacou pola súa labor en prol da herdanza cultural de Vedra.

Un exemplo disto foi a súa recuperación da documentación das sociedades emigrantes de Vedra na Arxentina e que dende onte permanece no así inaugurado "Arquivo Histórico Municipal de Vedra e das Sociedades Emigrantes", e no que un busto de Mariano ten xa un lugar de honra.

Este Arquivo estará a disposición da veciñanza e do público en xeral, sempre con solicitude previa para a súa revisión ou lectura.

O acto que foi conducido polo actual concelleiro de Cultura Enrique Vázquez, reuniu aos 4 últimos alcaldes de Vedra, a un amplísimo número de representantes políticos de todos os grupos da actual corporación e tamén a un nutrido número de ex concelleiras e ex concelleiros que coincidiron no tempo con Mariano ademais de familiares e amizades do homenaxeado, tratándose dunha cita moi emotiva na que interviron:

José Antonio Pose, representante do bng de Vedra
Odón C. Cobas García, ex alcalde de Vedra e en representación do PsdGa.
César Lema, irmán do homenaxeado.
Pura Seoane, viuva de Mariano.

Estas dúas últimas intervencións foron as máis emotivas e aplaudidas do serán.

Pechou o acto Carlos Martinez Carrillo, alcalde de Vedra e a nota músical correu a cargo da Asoc. Cultural San Campio.

30 mar 2019 / 23:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito