El Correo Gallego

Noticia 9 de 20 noticia anterior de Vedra Área de Compostela » Vedra

Xa hai membros novos na orde da bota do viño da Ulla

Serán nomeados o domingo Sondeos Guerra, Manquiña, José González e Víctor Furelos

José Manuel Guerra, Manquiña, José González e Víctor Furelos
José Manuel Guerra, Manquiña, José González e Víctor Furelos

ALBA PRADA VEDRA   | 10.04.2019 
A- A+

Quedan só catro días para que San Miguel de Sarandón celebre a seu evento máis agardado. A Festa do Viño da Ulla, que vai xa pola edición número 39, está cerrando xa toda a programación. Onte mesmo a organización daba a coñecer aos que serán os novos membros da Orde de Amigos e Amigas da Bota.

Este ano os galardoados coa distinción serán o conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez; o actor e presentador Manuel Prieto (máis coñecido como Manquiña) e que ademais forma parte do selecto club dos Gallegos del Año. Tamén será recoñecida a empresa teense de pozos de auga Sondeos Guerra, que dende a edición número un leva protagonizando a contraportada da guía sobre o festexo que publica a comisión.

Finalmente será nomeado o xornalista deste medio Víctor Furelos "pola súa implicación altruísta e colaboración continua coa devandita festa", explicaron dende o xurado. Os catro recollerán o seu título este domingo, día 14, ás 13.00 horas.

A celebración arrancará ás 12.00 horas coa mostra dos viños da D.O. Rías Baixas e continuará co pregón, que pronunciará Manquiña. Durante todo o día haberá distintas actuacións musicais, entre elas a do grupo do pregoeiro, Los Fabulosos Weekend; sorteos, obradoiros, premios ás mellores peñas e non faltarán tampouco o polbo, as filloas, os chourizos e as empanadas.