Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xincana, diversións populares e tiro á diana en Vedra o sábado día 15

A Asociación Xuvenil Dorna celebra unha nova edición do seu Xogo de Peñas

Vedra. A Asociación Xuvenil Dorna nacía en Vedra hai 20 anos co obxectivo de promover actividades que implicasen aos máis novos do municipio. Tras organizar o pasado día 2 unha xornada da bicicleta, agora teñen xa todo listo para unha nova edición, a terceira, do Xogo de Peñas, que será o sábado día 15.

O presidente da asociación, Xerardo Cerdeira, explicou que o programa arrancará sobre as 11.00 horas "cun xogo de relevos" e continuará cunha proba de lanzamento de catiuscas. Sobre as 13.30 farase un pequeno parón para xantar e as 15.30 retomaranse as actividades. "Pola tarde terá lugar un dos xogos que máis gustan, o de pistas. Os xogadores terán que localizalas mediante un mapa en distintos puntos da vila e terán que ir pasando probas cun tempo límite", explicou. Tamén está preparado un taboleiro con pulsadores para facer unha especie de trivial "e non faltarán actividades típicas das feiras como o lanzamento de bolas ou os dardos". Ademais hai un espazo para os cativos.

As peñas deben ser de cinco participantes maiores de 16 anos e hai que anotarse no número 619 942 583 ou en asociacionxuvenildorna@gmail.com.

06 jun 2019 / 20:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito