El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

homenaxe

Sofía Casanova enche o Instituto "Padre Sarmiento"

// 50 aniversario da escritora galega

REDACCIÓN   | 15.11.2008 
A- A+

O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento comeza o luns o ciclo Vida e tempo de Sofía Casanova, que coincide co 50 aniversario do pasamento en Polonia da escritora, poetisa e corresponsal de guerra nacida en Culleredo en 1861.

O luns será cando se inaugure a exposición Novas e vellas edicións de Sofía Casanova, e contará coa presenza do director do IEGPS, Eduardo Pardo de Guevara; do coordinador do ciclo, Antón Pazos, e Ewa Pawolowska, presidenta da Asociación Polonia en Galicia.

Tras a inauguración, terá lugar a conferencia La atormentada Polonia de Sofía Casanova, a cargo do profesor de eslavística na Universidade Complutense de Madrid, Gregorz Bak. Para rematar, proxectarase o filme Generación.

A mostra conta con libros e pezas sobre Casanova e comprende o período de tempo que vai de finais do século XIX a mediados do século XX. Alí exporanse as principais obras da autora, así como traballos de investigación, biografías ou reedicións dos seus libros recentes.

Ao longo do mes sucederanse conferencias e mesas redondas arredor deste personaxe, con relatores como Marcos Gallego e Inés Colmeiro ou a profesora Rita Martín, que falarán sobre a relación de Sofía Casanova co cine.