El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

coautor da ‘guia de aves de galicia’ e de ‘Aves’

Xosé Manuel Penas Patiño: “As aves nos sirven a nós de termómetro”

Leva estudiando este mundo dende 1973 // Di que moitas poboacións diminuiron un 44% en 25anos // Cita como exemplos en perigo: arao, perdiz charrela e pita do monte // Anima a tomar conciencia da natureza

SANTIAGO. INÉS DOPAZO  | 04.04.2011 
A- A+

Baía Editorial acaba de publicar unha guía sobre aves, xunto con Carlos Pedreira y Calros Silvar. A publicación, é segundo Xosé Manuel Penas Patiño, unha invitación a todos aqueles que non coñezan o mundo das aves en Galicia a achegarse a él. Non sei que lle deu máis gratificacións, a política, o ensino ou a natureza...

- A política da moitas satisfaccións e moitos disgustos, pero as aves só dan satisfacción.

-Decíamos que era vostede un auténtico amante da natureza. Dende cando lle ven a afición.

- O diría máis mellor un habitante do planeta. A afición venme dende a miña nenez. Os paxaron servenos de termómetro para saber si o que bebes ou respiras está en condicións para nós. Por eso nos debería interesar a todos.

- Pero se dalgunha zona é experto é das Brañas de Laíño.

- Porque me quedan máis a man. Levo facendo censo de aves dendo o 73 pero en Galicia temos moitas zonas que non só encerran riqueza ornitolóxica, senon paisaxística. E debemos facer un esforzo por preservalas, non só polo ben das aves, senon polo noso propio ben. Na zona donde desemboca o Sar no Ulla ahi unha áera LIC e nas brañas de Laíño e nas marxes do Ulla ata Catoira hai uns hábitats moi bos para certas aves.

- Dende o ano 73 ata agora que estivo vostede facendo ese estudo vería vostede vendo cómo foron cambiando espacios...

- Por desgracia sí, os incendios forestais, as urbanizacións no litoral,as mareas negras... perxudican eses hábitas naturais, e logo temos o que podemos chamar as mortes invisibles, producto dos insecticidas e dese productos químicos que están a botar para queimar as herbas que están preto das estradas. Eso é nefasto e está causando a norte de aves silvestres, sen que nos enteremos, como escribentas, rulas, etc… Por outro lado hai certas especies que se benefician, como as gaivotas, que calquera día criarán na cidade.Pero o certo é que estamos asistindo nos últimos 25 anos a disminución de poboacións de aves, habituais de zonas agrarias no noso continente, dun xeito alarmante. Un estudo cifra esta diminución nun 44 %.

- ¿Cre vostede que hai unha maior concienciación?

- Hai unha maior concienciación, alomenos teórica, pero na práctica despilfarramos enerxías. Por exemplo, as bolsas de plástico. Estas ao final acaban no río e aparte de ser estéticamente feas, teñen graves consecuencias. No acuario do Grove teñen unha bola de plástico que lle encontraron a un cetáceo no estómago, ou as tartarugas e aves de mar que acaban comendo o plástico e morren. Que estamos concienciados, sí. Pero que non me quiten a miña maneira de vivir.

- Pode que haxa certo descoñecemento da situación

- Penso que sí. Antes vivíase máis apegado á natureza. Hoxe somos máis urbanitas e vivimos de espaldas ela. Nas urbes sí hai aves e moi interesantes.Cando viña para o estudo de Correo TV na zona da Alameda cruzóuseme un azor.Tés que ter o hábito de ter os ollos e os oídos atentos a todo o que pasa. Sinto moito que haxa moita xente que se perda esto, que se perda a vida, a eclosión da primaveira… Por eso fixemos este libriño, as 50 aves máis comúns. É unha invitación a que todos se metan neste mundiño, porque é interesante, ameno, divertido, e sintes que formas parte da propia vida, da terra, en definitiva, da propia natureza.

- A pequena guía non é unha publicación para expertos ¿non?

- Non. Esta é para todo o mundo e teño a satisfacción de que se traducira ao castelán e ao galego. Esperamos tela tamén ao francés e ao italiano. Pero temos outra guía con 448 especies distintas, quizá para máis entendidos.

-Chegados a este punto, só nos resta invitar á xente a tomar conciencia e a ver a natureza con outros ollos. Pero, ¿tivo algún disgusto grave nestes anos?

- O que xa dixen. Hai especies que antes viamos moito e agora nada: Tan só vou citar tres o arao, a pita do monte e a perdiz charrela, que están condenadas a desaparecer.

El perfil

-Naceu en Santiago en 1950
-A súa formación é ampla. Atendeu diferentes aspectos: é diplomado en maxisterio; estudou interiorismo e empezou bioloxía,  neste caso non chegou a licenciarse.
-Acaba de xubiliarse despois dunha longa carreira docente, que tamén lle deixou tempo para a política. Foi alcalde de Rois e voceiro do BNG no mesmo concello
-No seu tempo libre gústalle desfrutar da natureza, no só sobrevoándoa, senón interactuando con ela: coidar das remolachas e das xudías da súa horta. Está aprendendo a tocar o acordeón e xa sabe tocar a gaita.