El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

cine

Premio a dous galegos no Festival Bodyboard

Lorena Moltó e Juan Luis Gómez gañaron a distinción a mellor curta no certame de San Sebastián

REDACCIÓN   | 26.10.2010 
A- A+

Dous coruñeses fixéronse co Primeiro Premio no Festival Europeo de Curtametraxes de Bodyboard celebrado a fin de semana pasada en San Sebastián.

Lorena Moltó Roibal e Juan Luis Gómez Frieiro presentaron a curta Algo pasa con Mariano unha historia de amor onde Mariano, un heavy moi feo, namórase de Marta, unha moza guapísima que só lle gustan os surfeiros. Os protagonistas da curta son Diego Piñeiro, coñecido na Coruña por liderar o grupo musical dos Frikipaldis e Marta López, concursante desta edición de Grande Irmán e que interpretou a curta uns poucos días antes de entrar na casa de GH 12.

E non só se levaron de Donosti a Mellor Curta, tamén o Premio á Mellor Edición. O realizador e editor de audiovisuais Juan Luis Gómez Frieiro tamén presentou a curta Le llaman Bodyboard, un documental de seis minutos onde bodyboarders galegos xunto co nove veces campión mundial Mike Stewart narran as súas impresións sobre as ondas galegas.