El Correo Gallego

Aulas

Premio para o CEIP de Barouta (Ames)

Éxito de 17 centros no V Concurso de Proxectos na Biblioteca Escolar

REDACCIÓN   | 05.01.2019 
A- A+

Santiago. Un total de 17 centros educativos públicos acadaron os premios do V Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación da biblioteca escolar, convocados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para estimular o deseño e desenvolvemento de iniciativas interdisciplinarias ou de investigación nestes espazos. O concurso conta con tres modalidades. A primeira delas vai dirixida a proxectos de carácter interdisciplinario ou Proxectos Documentais Integrados nos que participe un mínimo do 40% dos grupos existentes no centro (e un 40% dos departamentos no caso dos centros de Secundaria). Nesta modalidade foron galardoados o CEIP Nicolás del Río (Cedeira), o CEIP de Cervo (Cervo), o IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis), o CEIP Plurilingüe Meaño-As Covas (Meaño), o CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño), o CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Vigo), o CEIP de Barouta (Ames), o IES Francisco Aguiar (Betanzos), o CEIP Valle- Inclán (O Grove) e o IES Pedra da Auga (Ponteareas).

Na modalidade de traballos de grupo/nivel resultaron premiados o IES Punta Candieira (Cedeira), o IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova) e o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras).