O Concello de Ribeira adxudica as obras de mellora do firme do camiño Mamoa-Laxes por 54.000 euros
O prazo de duración da actuación é de 3 meses e a empresa encargada é Construcións Ponciano Nieto

Camiño Mamoa-Laxes en Ribeira / Cedida
O Concello de Ribeira anunciou este martes a adxudicación dunha actuación dirixida a mellorar a estrada que hai no lugar de Laxes, na parroquia de Carreira, onde existen varios camiños con firmes deteriorados que é necesario reparar para que se poida circular de forma segura por eles. O camiño principal, que une a Mámoa con Laxes, dispón dun pavimento de aglomerado con irregularidades causadas polas raíces das árbores situadas nas marxes, sendo necesario retirar ditas raíces antes de estender unha nova capa de asfalto. Os outros dous ramais presentan un firme asfáltico con abundantes disgregacións e fochancas que será preciso regularizar antes de estender unha nova capa de aglomerado en quente, igual que no camiño principal.
"Con esta adxudicación, valorada en 54.000 euros, mellorarase de forma integral o firme do camiño Mámoa-Laxes coa que pretendemos mellorar eses camiños do rural que están deteriorados", explicou o alcalde, Luís Pérez. O prazo de duración das obras é de 3 meses e a empresa encargada da realización é Construcións Ponciano Nieto.
A actuación consistirá no corte e demolición do pavimento de aglomerado existente, eliminando as raíces das árbores que provocan irregularidades no pavimento. Ademais farase unha preparación do camiño, limpeza escavación, explanación, desherbado, retirada de terra vexetal, rasanteo e compactado. No lugar aplicarase unha subbase de grixo e estendido dunha capa de aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor, mesmo compactado e rega de adherencia e xestión de residuos.
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- Oportunidad en Santiago de Compostela: ático a menos de 200 metros de la Catedral
- Un vuelo Madrid-A Coruña acaba regresando a Barajas tras desviarse a Santiago y no poder aterrizar
- «Mamá, quiero ser ganadera»
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Una tregua en la lluvia: tarde de tiempo seco antes de un nuevo frente
