Os concellos do Barbanza recibiron máis de 13 millóns de euros do Plan Único da Deputación
Con estes fondos executaranse 66 obras na zona, 14 delas na Pobra
O orzamento do Plan de Obras e Servizos para o 2025 incrementarase un 72%

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, xunto ao alcalde da Pobra, José Carlos Vidal, e outros membros da corporación municipal / Cedida

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou este xoves unha visita instucional na Pobra para comprobar o resultado dalgunhas das obras financiadas no Plan de Obras e Servizos (POS) da institución provincial. Durante a súa visita, Formoso reivindicou a contribución da Deputación para a mellora de infraestructuras e servizos públicos e anunciou un importante incremento do 72% do orzamento do Plan Único para 2025.
O presidente da Deputación foi recibido polo alcalde da Pobra, José Carlos Vidal, na casa consistorial, onde asinou no libro de honra do Concello e recibiu tamén a medalla do Museo Valle-Inclán como agasallo institucional. Ademais, participou nunha reunión con varios membros da corporación municipal, na que analizaron os investimentos e necesidades da localidade. Posteriormente, Formoso visitou xunto ao alcalde e a concelleira de Obras, Patricia Lojo, algunhas das obras financiadas pola Deputación no municipio como a mellora integral do núcleo de Mirandela ou as obras de reforma da contorna do cruceiro de Abuín-San Isidro.

Valentín González Formoso recibiu a medalla do Museo Valle-Inclán durante a súa visita na Pobra / Cedida
Formoso destacou que a Deputación presta "un apoio fundamental para o financiamento de obras e servizos nos municipios nun momento no que a Xunta carga cada vez máis competencias aos concellos sen dotalas dos fondos que necesitan". Neste sentido, sostivo que o Plan Único "supuxo multiplicar entre tres e catro veces os fondos que reciben os concellos por parte da Deputación, o que permite que municipios como A Pobra modernicen as súas infraestruturas e presten máis e mellores servizos á cidadanía".
Máis de 13 millóns para o Barbanza
O presidente da institución provincial sinalou que os concellos da comarca do Barbanza recibiron este ano máis de 13 millóns de euros do POS+2024 e que se executarán un total de 66 obras con eses fondos, das que 14 serán no concello da Pobra. Entre estas actuacións estarán proxectos como as melloras de accesibilidade na praia dos Areos e da praza de abastos, a pavimentación de viais no polígono da Tomada, a construción dun novo centro cultural en Santa Cruz ou as melloras no entorno da praia da Lombiña, entre outras.

José Carlos Vidal, Valentín González Formoso e Patricia Lojo durante a súa visita á Mirandela / Cedida
Formoso destacou que este apoio da Deputación aos municipios "favorece o acceso aos servizos sociais, á cultura ou o deporte, de forma que os concellos máis pequenos poden contar con persoal para ofrecer servizos de calidade, ao nivel das vilas e cidades con máis poboación e recursos". Ademais, sinalou que o orzamento do Plan Único do 2025 incrementarase nun 72%, pasando de 50 a 86 millóns de euros.
Pola súa parte, José Carlos Vidal destacou que, ademais da contribución da Deputación á creación de emprego e á mellora dos servizos municipais, o POS+ supón "unha importante axuda que nos permite levar a cabo determinadas obras que doutra forma non poderiamos facer porque as axudas que temos de outras administracións non son suficientes para permitirnos facer cousas".
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
