Os veciños de Rois poden solicitar xa o seu ingreso na Comunidade Enerxética Local
A asociación pedirá subvencións para instalar placas solares nos polideportivos de Rois e Urdilde

Pola esquerda, Manuel Cobas (segundo tenente de alcalde), Susana Rodríguez, Laura Llanos e Daniel Ferreirós durante a charla informativa da Comunidade Enérxetica Local de Rois do pasado mes de setembro / Cedida

Dende este venres 8 de novembro, os veciños de Rois maiores de idade, pequenas empresas e asociacións poden cubrir xa o impreso para solicitar formar parte da Comunidade Enerxética Local, unha asociación que busca contribuír á sustentibilidade favorecendo a produción e o consumo de enerxías renovables entre a veciñanza, permitindolles ademais, aforrar na factura da luz. Este impreso pode descargarse na web (neste enlace) ou solicitalo nas oficinas municipais.
Liderada polo Concello de Rois, a Comunidade Enerxética Local solicitará subvencións para instalar paneis solares nos polideportivos de Rois e de Urdilde, ao tratarse das instalacións públicas cunha maior superficie de cuberta. Ademais, o número de paneis solares a solicitar variará en función dos quilovatios solicitados polas persoas e entidades que formen parte da asociación.

Cartel da Comunidade Enerxética Local de Rois / Cedida
O pasado 24 de setembro, durante unha reunión informativa, Daniel Ferreirós, de Losa Abogados, e Susana Rodríguez e Laura Llanos, de Sertogal Ingeniería, explicaron algúns dos aspectos máis destacados do proxecto. Neste sentido, comentaron que tanto a Unión Europea como o Ministerio de Industria están priorizando ás comunidades enerxéticas sobre os particulares na concesión de subvencións para a instalación de placas solares.
Ademais, tamén engadiron que se unha persoa membro da asociación merca 2kw, recibirá un desconto equivalente en cada factura da luz, e que se fará un estudo pormenorizado de cada persoa para recomendarlle o número de quilovatios que necesita mercar en función do seu consumo. Por outro lado, as persoas que residan a menos de dous quilómetros das instalacións fotovoltaicas estarán exentas do pago das peaxes por transporte e distribución da enerxía dos quilovatios que adquiran.
Así mesmo, en función da demanda dos asociaciados á comunidade enerxética, poderianse instalar placas noutros edificios públicos para ampliar as persoas beneficiarias.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago

