A Banda de Música de Padrón presenta a programación da tempada 2024-2025: cinco concertos baixo o lema ‘Celebrar’
O programa está composto por cinco actuacións temáticas que buscan homenaxear a cultura, as tradicións locais e a aqueles que deixaron a súa pegada na vida musical da localidade

Pola esquerda, Santi Mella, José Cerqueiras e Anxo Arca na presentación da temapada 24-25 da Banda Municipal de Padrón / Cedida
A Banda de Música Municipal de Padrón presentou este luns a súa programación para a tempada 2024-2025, que leva o título Celebrar. No acto de presentación, que se celebrou no consistorio padronés, participaron o presidente da Banda, José Cerqueiras; o director da agrupación, Santi Mella; e o alcalde, Anxo Arca, que destacaron o papel desta nova tempada como unha invitación a participar e gozar da música como elemento de unión na comunidade.
A programación consta de cinco concertos temáticos que buscan homenaxear a cultura, as tradicións locais e tamén a aqueles que deixaron a súa pegada na historia e na vida musical da localidade. A tempada abrirase o sábado 16 de novembro ás 19.00 horas no Auditorio Municipal cun Concerto de Santa Icía titulado Aniversarios. Este concerto inaugural estará dedicado á memoria de Daniel Calvo Saco, un mozo que foi membro da Banda, cunha homenaxe especial no seu recordo.

Cartel da tempada 24-25 da Banda de Música de Padrón / Cedida
A programación continuará en decembro con Loanza, o Concerto de Nadal, ao que seguirá Un novo ano, o Concerto de Ano Novo que celebrará a chegada do 2025. Xa no mes de febreiro, a Banda Municial de Padrón ofrecerá un Concerto de Entroido, Entroidada, mantendo viva esta tradición cultural e festiva. A tempada pecharase finalmente en maio co concerto da segunda edición do Día da Memoria Democrática Padronesa, que nesta ocasión recibe o nome de A liberdade, un evento especialmente significativo que honra a memoria e a democracia na historia local.
Dende o Concello de Padrón animan aos veciños e aos visitantes a participar nesta nova tempada de concertos, que poñerá en valor a música como expresión cultural da localidade e lle permitirá á veciñanza celebrar a súa identidade e memoria.
- Hallan el cadáver de una mujer en la huerta de la vecina de la rúa das Hortas que desapareció el jueves
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El Concello de Santiago ordena el cierre de las oficinas de la Unión de Artesanos
- La Xunta edificará las primeras viviendas públicas de Santiago con técnica industrial: 7 millones para 34 pisos en Santa Marta
- Luis Zahera cierra por todo lo alto las fiestas de Fontiñas: 'Seguide sendo ben de barrio, que eso non se perda
- Buscan figurantes en Santiago para una nueva película: estos son los curiosos requisitos
- Arzúa se une para pedir arreglos por las obras de la autovía a Lugo y Melide exige su apertura con garantías
- La guía 50 Top Pizza reconoce por primera vez a una pizzería gallega: está en Santiago

