O Nadal chega á Pobra co sorteo de 200 euros diarios e unha viaxe a Eurodisney
A campaña 'Volta o Nadal, voltan as Camariñas' traerá un ano máis grandes agasallos para os veciños

Pola esquerda, Isabel Cañas, Sara Sánchez e Amparo Cerecedo / Cedida

A menos dun mes para o Nadal, A Pobra volveu presentar a súa campaña Camariñas que traerá grandes agasallos para os veciños da localidade. A campaña, baixo o lema Volta o Nadal, voltan as Camariñas, foi presentada este xoves pola concelleira de Promoción Económica, Amparo Cerecedo.
Tras "o éxito de participación do ano pasado", dende o Concello sortearanse novamente 200 euros diarios en formato de vale/camariñas para trocar nos 40 negocios adheridos, así como unha viaxe familiar a Eurodisney para catro persoas patrocinada pola empresa Congalsa. "É un bo método para aproximar á mocidade ao comercio local físico, tan acostumada a facer as compras en plataformas online", a concelleira.
A dinámica, tal e como explicou a técnica municipal de Promoción Económica, Sara Sánchez, segue a mesma liña que o pasado ano e está orientada ás redes sociais. Neste sentido, entre o 1 de decembro ao 5 de xaneiro, para participar nos sorteos debense sacar fotoso nos photocall, os recunchos do Nadal, que están situados na Covecha, no Fogar do Nadal (Casa Mariñeira), no parque de Raquel Fernández Soler, na praza dos Irmáns Axeitos, no Cantón da Leña, na praza Victoriano García Martí e na praza de abastos. Estas instantáneas deben compartirse no apartado de historias de Instagram mencionando á conta @caraminhasnapobra.

Cartel da campaña de Camariñas do Nadal da Pobra / Cedida
Por un lado, sortearanse todos os días entre o 1 e o 31 de decembro 200 euros en vales. Os nomes das persoas gañadoras daranse a coñecer os xoves, entre os participantes dende a semana anterior, e os vales de compra poderán recollerse cada sábado no Fogar do Nadal, de 10.00 a 13.00 horas.

Sorteo da viaxe a Eurodisney na Pobra / Cedida
Ademais, ata o 5 de xaneiro, todas as imaxes captadas dende o inicio da campaña optarán a gañar a viaxe a Eurodisney. Respecto a esta viaxe, a segunda que sorteará o Concello da Pobra neste Nadal, a directora de Relacións Externas de Congalsa, Isabel Cañas, destacou que esta iniciativa serve para continuar apoiando as actividades da Administración local e facendo unha aportación á sociedade pobrense máis alá do factor económico.
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- Los gallegos son fieles a la leña: 'Es lo más barato para calentar la casa
- Rescate de película en Pontepedriña: los bomberos socorren a dos jóvenes atrapados en un edificio en llamas
- Mutualistas desesperados: más de 4.000 gallegos están desatendidos
- El doctor González Juanatey se jubila tras casi 20 años como jefe de Cardiología del CHUS
- Nivel rojo por la crecida del Sar y Tambre desbordado en Ames con su molino en jaque
- Gonzalo Rodríguez: «Siempre estaré agradecido de entrenar al equipo de mi corazón»

