Fran Sieira, bailarín de Tanxugueiras ou Mondra, impartirá un curso de danza na Pobra
O obradoiro 'Danza galega, tradición e vangarda', para o que se ofertan 16 prazas gratuítas, será no teatro cine Elma este sábado

Fran Sieira, á dereita, xunto a Tanxugueiras no Benidorm Fest 2022 / Cedida

A programación navideña na Pobra estará cargada de actividades para todos os públicos, entre as que terán un gran peso as actividades culturais. Pero entre todas, a danza será quizais a peza angular da programación.
O bailarín e coreógrafo ribeirense Fran Sieira impartirá o obradoiro Danza galega, tradición e vangarda. Será o sábado 7 de decembro ás 11.30 no teatro cine Elma e ofértanse un total de 16 prazas de balde que se deberán reservar neste formulario.
Fran Sieira foi un dos bailaríns de Tanxugueiras durante o Benidorm Fest 2022 que catapultou á fama ao trío galego. Ademais, conta cunha compañía de danza propia ao seu nome na que figuras como Aida Tarrío (das propias Tanxugueiras) ou Martín Mondragón (Mondra) forman parte do elenco dalgunhas das súas obras.

Cartel do obradoiro de danza de Fran Sieira na Pobra / Cedida
"Queremos redimensionar a programación cultural por estas datas potenciando distintas disciplinas artísticas. Desta vez, apostamos pola danza. Xa é habitual ter nas táboas o baile tradicional grazas aos festivas do Nadal organizados polo noso tecido asociativo e, dende a Administración local, queremos incorporar tamén unha mestura de folclore e vangarda a cargo dunha compañía de renome como é a de Fran Sieira", explicou a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, que destacou que se anunciarán máis novidades nos vindeiros días.
Este obradoiro de danza está dirixido a persoas maiores de 12 anos con nocións previas de baile tradicional galego ou interese polas artes do movemento. Algúns dos aspectos que se traballarán durante os 90 minutos que dura a sesión serán a descontextualización dos pasos do baile tradicional galego para utilizalos como principal mecanismo de expresión, trasladando ao movemento imaxes da peza Coreografías dun demente, do propio Sieira.
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades
- Copas por seis euros o menos: tres bares de Santiago que resisten la subida de precios y mantienen la esencia de siempre
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- La pasarela de madera de 32 metros sigue causando atascos en Milladoiro: esta mañana volvió a cortarse el acceso a Santiago


