Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Premian o emprendemento agroalimentario da comunidade de montes de Baroña

A entidade sonense, que ten un centro de transformación de produtos cárnicos, resultou galardoada pola Fundación Juana de Vega

Enrique Sáez, esquerda, e Ovidio Queiruga.

Enrique Sáez, esquerda, e Ovidio Queiruga. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Porto do Son

A sede da Fundación Juana de Vega, en Oleiros, volveu converterse nun lugar de encontro para emprendedores e empresas que apostan por crear riqueza no rural con iniciativas propias vinculadas ao territorio. Durante o evento final do XII Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias, a comunidade de montes de Baroña (Porto do Son) recibiu por segundo ano o Premio Juana de Vega ao Emprendemento Agroalimentario «pola súa exemplaridade, repercursión e transferibilidade a outras comunidades de montes de Galicia, onde é unha figura moi típica xunto co norte de Portugal».

Os comuneiros de Baroña son unha referencia de éxito na explotación e aproveitamento sostible dos seus recursos, ao tempo que xestionan e coidan o territorio, crean emprego na contorna e potencian a remuda xeracional. O presidente da entidade sonense, Ovidio Queiruga, explicou como definiron a folla de ruta para poñer en marcha un centro de transformación para elaborar, sobre todo, frescos e embutidos coa carne dos animais criados nos seus montes, principalmente poldro.

«Para nós foi moi importante estar neste programa, porque non é só facer as cousas con cariño e ilusión; teñen que ser rendibles», apuntou. 

O premio que recibiu a comunidade de montes sonense, formada por 170 propietarios, equivale a 30 horas de asesoramento e acompañamento.

O Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias é unha iniciativa que a Fundación Juana de Vega mantén con fondos propios desde 2012 para axudar a quenes queren traballar por conta propia no medio rural.

Na súa intervención, Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega, recordou que dito programa «está en liña coa misión da entidade e tamén co espírito liberal e solidario da gran muller que a creou».

O centro de transformación de produtos cárnicos de Baroña tamén dará servizo ás comunidades veciñais do Barbanza e a outros pequenos produtores da contorna e ofrecerá talleres formativos sobre a transformación de alimentos, promovendo a colaboración entre produtores.

Tracking Pixel Contents