Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Portos de Galicia e a Fundación RIA analizan o deseño da planificación da fronte marítima da Pobra

A planificación busca reorganizar e humanizar a fronte marítima da zona urbana

Equipo técnico de la Fundación RIA junto al presidente de Portos de Galicia

Equipo técnico de la Fundación RIA junto al presidente de Portos de Galicia / Cedida

A Pobra

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Alvárez, reuniuse este martes 17 de decembro co director da Fundación RIA, Manuel Rodríguez, para analizar a colaboración entre a entidade e a Fundación MOP (Marta Ortega Pérez) para coñecer o deseño da planificación da fronte marítima da Pobra, unha acción que afecta á zona portuaria.

O deseño busca reordenar a fronte marítima urbana, na súa maioría administrada por Portos de Galicia, e o punto de partida é o estudo realizado pola fundación RIA en colaboración coa AXI para a integración urbana da estrada AC305 ao seu paso polo núcelo.

Esta planificación busca reorganizar e humanizar a fronte marítima, mellorando a relación entre os espazos portuarios e o núcleo urbano. Nese sentido, no encontro, o presidente de Portos de Galicia e o equipo técnico de RIA afondaron nas posibilidades de actuación, tendo en conta o procedemento que Portos de Galicia ten en marcha para a reversión de terreos innecesarios para a actividade portuaria á Administración Xeral do Estado, e que inclúe, entre outros, ao peirao da Pobra.

Tracking Pixel Contents