Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MEDIO AMBIENTE

Voluntarios repoboan o monte Froxán de Lousame con árbores autóctonas

Eliminaron especies pirófitas e invasoras como eucaliptos e acacias

Voluntarios que participaron na plantación no monte Froxán

Voluntarios que participaron na plantación no monte Froxán / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Lousame

Medio cento de voluntarios convocados polo proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC) repoboaron cinco hectáreas no monte de Froxán (Lousame) cun milleiro de exemplares de especies autóctonas. A actividade, coordinada pola Fundación Montescola, desenvolveuse nunha zona alta, na que se atopa o nacente do Regueiro do Ramo Curvo e na que foran eliminadas especies pirófitas e invasoras como o eucalipto e a acacia. A repoboación fixérona con carballos, castiñeiros, pradairos, bidueiros, teixos, sabugueiros, salgueiros, sobreiras e érbedos.

Os voluntarios plantaron especies autóctonas

Os voluntarios plantaron especies autóctonas / Cedida

O monte de Froxán foi recoñecido no 2017 polo Programa das Nacións Unidas para o Ambiente como unha das Áreas Conservadas por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais, e forma parte parte das zonas de actuación piloto do proxecto CAPRIF-CC para a restauración de hábitats, creación de cortalumes verdes, recuperación de espazos con valores culturais e eliminación de especies exóticas invasoras.

A poboación centrouse na parte alta do monte Froxán

A poboación centrouse na parte alta do monte Froxán / Cedida

O proxecto CAPRIF-CC foi impulsado por varias fundacións e asociacións, e ten o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica.

Tracking Pixel Contents