Cáritas de Aguiño fai un chamamento a participar na VI Milla-Andaina Solidaria “Heroínas de Sálvora”
A proba celebrarase este domingo 12 de xaneiro a partir das 11.00 horas no porto

De esquerda a dereita, el concelleiro de Deportes de Ribeira, Xabier Vidal; la presidenta de Cáritas de Aguiño, Julia Rey; y el concelleiro de Mar, Fernando Abraldes / Concello de Ribeira

Cáritas de Aguiño invitou este xoves á cidadanía a participar na VI Milla/Andaina Solidaria “Heroínas de Sálvora 2025”. No paseo do Touro congregáronse Xabier Vidal, concelleiro de Deportes de Ribeira; Fernándo Abraldes, concelleiro de Mar; e Julia Rey, presidenta de Cáritas de Aguiño.
Fixérono para animar á participación nesta carreira que se celebrará este próximo domingo 12 ás 11.00 horas no porto de Aguiño (Rúa Porto, 4). Os fondos recadados das inscricións na carreira popular irán destinados a Cáritas.
Abraldes agradeceu a Julia Rey e ao seu equipo o “traballo arreo durante todo o ano facendo un gran esforzo pola comunidade”, e quixo animar á veciñanza a apuntarse á carreira, petición á que se uniron Rey e Vidal. Ao final da andaina haberá unha chocolatada popular na Lonxa de Aguiño.
Inscricións gratis para menores de 15 anos
A inscrición na carreira é online e presencial, dividida en varias categorías. Os que desexen participar na milla ou na andaina e sexan maiores de 16 anos deberán pagar cinco euros, ao igual que os que participen na “Sapatilla inclusiva”, unha categoría única absoluta para persoas con diversidade funcional. Para os menores de 16 anos, a inscrición será gratuíta.

O cartel da VI Milla/Andaina Solidaria "Heroínas de Sálvora 2025" / Galitiming
O prazo para inscribirse na páxina web remata este xoves 9 ás 23.59 horas, aínda que será posible facelo en persoa o propio día da carreira antes da mesma no lugar de saída.
Á hora de publicación desta noticia, hai 147 persoas inscritas, das cales 67 corresponden á categoría de menores de 16 anos, 41 á milla, 35 á andaina e cinco na “Sapatilla inclusiva”.
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
