Rianxo pon a disposición de produtores, comerciantes e emprendedores sete postos na praza de abastos
O Concello acometeu recentemente tarefas de conservación nas instalacións

Julián Bustelo, diante da praza de abastos. / Cedida
O Concello de Rianxo pon a disposición de produtores, comerciantes e emprendedores sete postos na praza de abastos. «É unha fantástica oportunidade para que aquelas persoas que están pensando en botar a andar un negocio ou en ampliar o que xa teñen poidan acceder a un espazo comercial nunhas condicións moi ventaxosas», dixo o alcalde, Julián Bustelo.
"Carnes e peixes como na actualidade, ou outros como froitas, verduras ou pan, son só algún dos produtos que se poden vender no noso mercado, o cal está chamado a ser un referente en canto á venta de produtos frescos e de proximidade", destacou Bustelo.
Nos últimos meses o mercado municipal de Rianxo acolleu novos inquilinos e ademais leváronse a cabo diferentes actuacións de mantemento coa finalidade de conservalo no mellor estado posible de cara ás persoas que fan uso del a diario.
As persoas interesadas en facerse cun dos postos vacantes pode poñerse en contacto co Concello de Rianxo para obter toda a información necesaria.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- El pueblo gallego que reparte 20.000 raciones de callos este fin de semana: ideal para recorrer a pie, con catas gratis y cine al aire libre
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- Contra el abandono del monte, cachenas: «Gestionan la vegetación para evitar que el incendio sea tan virulento»
- El Río Breogán vence al Monbus Obradoiro y se enfrentará al Leyma Coruña en la final de la Copa Galicia
- Así es el asombroso pazo a 20 minutos de Santiago en el que se rodó 'Las hijas de la criada', la serie que ya arrasa con su estreno en Antena 3
- Fallece una mujer tras ser evacuada por una indisposición en el Monte Pindo, en Carnota