Estes son os colexios e institutos galardoados cos premios Innovagal da Xunta
O CEIP Plirilingüe de Louro obtivo un primeiro galardón cun proxecto que permite coñecer a prehistoria de Galicia combinando tecnoloxía, electrónica e técnicas de costura

Fachada do CEIP Plurilingüe de Louro. / Páxinas Galegas
A Xunta de Galicia vén de resolver a quinta edición dos premios Innovagal, que recoñecen o compromiso dos oito centros escolares (dous deles do cinturón de Compostela) coa innovación e as boas prácticas en educación. Esta iniciativa busca impulsar o desenvolvemento de novas propostas educativas, así como crear unha rede de colaboración para fomentar a formación continua do profesorado. Ademais, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP pretende poñer en valor o papel da comunidade educativa como motor de transformación social.
Na categoría de Infantil, Primaria, Educación Especial e colexios rurais agrupados, un dos galardóns foi para o CEIP Plurilingüe de Louro (Muros), que acada o primeiro premio por un proxecto que integra tecnoloxía, patrimonio e arte a través dun traballo colaborativo e comunitario, fomentando a curiosidade, as vocacións científicas e a solidariedade.
Esta proposta interdisciplinar permite coñecer a prehistoria de Galicia, combinando tecnoloxía, electrónica e técnicas de costura.
Na mesma categoría o CEIP Mestre Martínez Alonso (Mos) logrou o segundo premio; o Colexio CEIP de Prácticas López Ferreiro (Santiago de Compostela) o terceiro; e o CEIP da Torre-Illa (A Illa de Arousa) un accésit.
Asimesmo, na categoría destinada a centros públicos integrados, institutos e centros de educación e promoción de adultos, obtivo unha mención de honra o CPI Plurilingüe da Picota de Mazaricos, que desenvolveu un proxecto para mellorar a competencia lingüística e plurilingüe do seu alumnado, tendo en conta a dispersión da poboación e as dificultades de acceso a recursos culturais do concello.
Os alumnos integraron festividades e tradicións de países de fala inglesa ao longo do curso escolar, promovendo así as habilidades lingüísticas, sociais e artísticas dos estudantes.
Nesta mesma categoría o IES Plurilingüe Rafael Dieste (A Coruña) obtivo o primeiro premio, o IES de Beade o segundo, e o IES Xograr Afonso Gómez de Sarria o terceiro.
O CEIP Mestre Martínez Alonso levou a cabo o proxecto 8M Matria Téxtil, unha iniciativa interdisciplinar que combina distintos ámbitos de aprendizaxe e metodoloxías para crear a súa propia marca e confeccionar unha bolsa de tela cunha mensaxe reflexiva sobre o papel da muller na industria téxtil e na sociedade en xeral.
O CEIP de Prácticas López Ferreiro desenvolveu un proxecto integral que promove a igualdade, o feminismo, o ecoloxismo, a dinamización lingüística e o fomento da lectura. O proxecto busca mellorar os espazos do centro, fortalecer as relacións entre a comunidade escolar e enriquecer a vida na cidade a través de propostas creativas.
No CEIP da Torre-Illa o proxecto xurdiu tras detectar dificultades de relación entre o alumnado e a falta de estratexias para a resolución de conflitos. A través de actividades artísticas e propostas relacionadas co poder terapéutico da arte, creouse un ambiente de cooperación e convivencia positiva, convertendo aos estudantes en protagonistas e creadores de producións artísticas.
A campaña de dinamización lingüística Aquí tamén se fala no IES Rafael Dieste nace da necesidade de dar resposta á diversidade cultural e lingüística do centro, onde máis dun 30% do alumnado é de orixe estranxeira. A campaña incluíu diversas accións que contribuíron a incrementar o número de estudantes que se declaran galegofalantes, superando barreiras culturais.
No IES de Beade o proxecto resalta o valor do traballo artesanal e fomenta a colaboración entre os departamentos. A metodoloxía cooperativa utilizada promoveu unha actitude investigadora en torno á tradición e á cultura popular galega, ao tempo que tamén serviu como pretexto para un intercambio cultural co grupo Erasmus durante unha visita a Alemaña.
O IES Xograr Afonso Gómez implementou varias accións paralelas co obxectivo de mellorar a calidade educativa e avanzar cara a un centro máis sostible. As súas iniciativas, que abarcan desde o fomento da creatividade até a promoción de hábitos sostibles e saudables, buscan fortalecer a comunidade educativa, valorar a diversidade e promover a aprendizaxe lúdica e crítica.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias

