María Cruces Vilas sopra as candeas e Rois suma unha nova centenaria
Veciña de Carrais, Herbogo, recibiu do alcalde un peregrino e un ramo de flores

María Cruces Vilas xunto a algúns membros súa familia e o alcalde de Rois / Cedida

María Cruces Vilas, veciña de Carrais, na parroquia roisense de Herbogo, celebrou este luns 20 de xaneiro o seu 100 aniversario rodeada da súa familia.
Con motivo desta efeméride, a cumpleañera recibiu no seu fogar a visita do alcalde de Rois, Ramón Tojo, e da concelleira de Cultura, Educación e Lingua, Victoria Quiroga Ramallo, que lle trasladaron os parabéns en nome de todo o municipio.
No encontro, a homenaxeada estivo acompañada pola súa irmá máis nova, Asunción, e outros membros da súa familia, e recibiu de mans do alcalde un peregrino, unha felicitación institucional e un ramo de flores como mostra de recoñecemento.
María Cruces Vilas naceu en Bralo, Augasantas, en 1925 e é a maior de sete irmáns. Na actualidade, vive en Carrais, onde casou e creou unha familia composta por catro fillos, sete netos e sete bisnetos. Ao longo da súa vida, dedicouse ás labores do campo, da casa e ao coidado da súa familia, converténdose nun exemplo de dedicación e esforzo.
- Adiós a otro comercio del casco histórico de Santiago: «Moita xente vén, proba, e logo compra nas plataformas»
- Los 113 años de historia de Comercial Tojo se resisten a la nueva realidad del casco histórico: “Quien me da de vivir son los vecinos de Santiago”
- Fly2Galicia conectará Santiago con ocho destinos nacionales y europeos desde diciembre
- La fiesta gastronómica que te hará salivar (y mucho) esta semana: a menos de media hora de Santiago y con mucha música
- El aeropuerto de Santiago amplía su mapa internacional antes del Xacobeo
- De la dirección de la Universidad de Santiago a la gestión del Centro de Supercomputación de Galicia: María Pilar Martínez García será la primera gerente del Cesga
- El coste para urbanizar las parcelas del nuevo barrio del Ensanche Norte de Santiago: en el entorno de los 150 euros el metro cuadrado
- Miles de personas agotan en apenas tres horas las existencias de la Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz
