CONTAMINACIÓN
Medio Ambiente esixe a Costas que solucione os vertidos da Ribeiriña, na Pobra
Demanda tamén unha investigación para coñecer o estado actual do chan

Obras para desmantelar o muelle da antiga conserveira na Ribeiriña, en 2023 / Cedida
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático enviou un requerimento á Demarcación de Costas de Galicia, dependente da Dirección General de la Costa y el Mar (Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico) para que solucione “de forma inmediata” os vertidos e faga unha proposta de investigación analítica exploratoria nos terrenos da antiga fábrica La Onza de Oro, na zona da Ribeiriña, na Pobra do Caramiñal, onde se veñen constatando verteduras de hidrocarburos nas últimas semanas.
Pide que se proceda á maior brevidade á realización dos traballos necesarios para a contención da contaminación, co fin de evitar a dispersión fóra do emprazamento e a súa afección á ría de Arousa. Demanda ademais a presentación dunha proposta de investigación que permita coñecer o estado actual do chan na parcela da instalación. A proposta deberá ser aprobada previamente pola Xunta.
A Consellería de Medio Ambiente sinala que, "desde o primeiro minuto, a Xunta de Galicia está traballando activamente para esclarecer e solucionar os vertidos reiterados na zona da Ribeiriña". O 4 de xaneiro recibiuse a alerta por parte do 112 por posible contaminación por hidrocarburos nas inmediacións das antigas instalacións da empresa Hadasa (disolta hai máis de 20 anos), e o 5 de xaneiro activouse o Plan CAMGAL -desactivado o 16-.
Realizáronse diversas inspeccións ambientais, nas que se constatou que na base do muro que separa a antiga parcela da Onza de Oro e a praia "obsérvase unha pasta negra oleaxinosa con cheiro a hidrocarburo; así como que fora cuberta con cemento unha parte do muro".
O 10 de xaneiro solicitaron á Demarcación de Costas da Coruña información sobre a actuación realizada no ano 2022 de rexeneración do bordo litoral e sobre a retirada de depósitos de hidrocarburos na parcela durante esas obras. "No informe recibido recoñécese que na súa execución observáronse filtracións de cor negruzco na base do muro de bordo da parcela e que se atoparon dous depósitos enterrados en moi mal estado que contiñan aínda hidrocarburos no seu interior, sinalando as medidas adoitadas, que amosan non ser suficientes", subliñan.
Á vista dos antecedentes, e ante a reiteración dos vertidos, desde a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático procedeuse a requerir ao Goberno central unha proposta de investigación analítica exploratoria, como parte dun proceso que debe rematar, á maior brevedade posible, coa erradicación definitiva deste problema.
Pola súa banda, o servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, desprazou desde o primeiro momento efectivos propios. Este sábado acudiu a auxiliar do buque Irmáns García Nodal para realizar traballos de batemento mecánico e o seguimento da situación sobre a lámina de auga.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo


