O Concello de Rianxo impulsa a creación dun Consello Municipal do Mar para abordar a crise marisqueira
Con esta medida preténdese crear un espazo de diálogo e debate onde "abordar a situación que se está vivindo"

O Concello de Rianxo impulsa a creación dun Consello Municipal do Mar para abordar a crise marisqueira / Marta Torres

O Concello de Rianxo anunciou este luns a creación dun Consello Munipal do Mar, unha medida coa que o Goberno rianxeiro busca dar resposta e solución aos datos preocupantes sobre a caída da produción marisqueira na ría de Arousa.
Tal e como destacaron o pasado 22 de xaneiro dende a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e diversas confrarías e produtores de mexillón, todas as lonxas da ría pecharon o 2024 cun descenso do 50% nas vendas de bivalvos respecto á media dos últimos cinco anos. Un descenso que implicou unhas perdas nas lonxas arousanas de 44,6 millóns de euros nestes anos.
Por iso, ante este escenario que pon en alerta ao sector, dende o goberno de Rianxo pretendese impulsar esta medida coa que se busca "aglutinar a todos os axentes implicados na defensa do sector pesqueiro e marisqueiro da zona" e crear un espazo de diálogo e debate onde "abordar a situación que se está vivindo", tal e como destacou a concelleira de Mar e Participación Veciñal, Olalla Figueira.
A edil rianxeira avanzou que xa se está traballando nunha proposta de regulamento para o Consello, "que remitiremos ás partes implicadas nos próximos días". "É o momento de deixar de lado calquera diferenza para traballar conxuntamente na defensa dun sector produtivo fundamental para Rianxo".
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025

