O alcalde de Padrón, Anxo Arca, agradece ao persoal municipal a súa implicación durante os días de temporal
O rexedor reuniuse con traballadores dos departamentos de vías e obras, limpeza viaria, parques e xardíns, Policía Local e GES

Anxo Arca felicita ao cadro de persoal municipal e das empreas privadas polo traballo durante os temporais / Cedida
O paso da borrasca Herminia a pasada fin de semana por Galicia deixou preto de 1.600 incidencias por toda a Comunidade. Este mércores 29 de xaneiro, o alcalde de Padrón, Anxo Arca, mantivo un encontro cos traballadores e traballadoras municipais aos que quixo agradecer pola súa incansable labor durante estes días nos que traballaron para minimizar os efectos do temporal, para garantir a seguridade e atender ás emerxencias que se produciron.
Ademais, Arca quixo extender este recoñecemeto ao cadro de persoal das empresas privadas que se encargan de diferentes servizos municipais. O rexedor quixo poñer en valor o duro traballo realizado, recoñecendo que traballaron en condicións moi adversas para minimizar o impaco dos temporais e para que se puidese recuperar a normalidade o antes posible.

Anxo Arca felicita ao cadro de persoal municipal e das empreas privadas polo traballo durante os temporais / Cedida
Na xuntanza estiveron presentes traballadores e traballadoras dos departamentos de vías e obras, limpeza viaria, parques e xardíns, Policía Local e GES, que recibiron do alcalde o recoñecemento en nome de toda a veciñanza pola súa implicación.
- La orquesta que quiere devolver a las verbenas las canciones que marcaron a toda una generación
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Val do Dubra despide a la exconcejala Celsa Oreiro tras su fallecimiento y decreta dos días de luto
- Del sobrino de Pondal a una tía de Rajoy: el CSIC recupera la ciencia gallega depurada por el franquismo
- Cuando Galicia estuvo en el epicentro del debate nuclear: medio siglo de la autorización para una central en la costa de Lugo que nunca llegó a levantarse
- El primer parking subterráneo público de Ames, de pago, listo en O Milladoiro
- Netflix busca en Galicia figurantes para rodar el final de ‘Clanes’ cerca de Santiago: esta es la profesión muy arraigada que piden
- PP y Espazo Común critican la falta de transparencia en la apertura del aparcamiento municipal de pago en Milladoiro
