O Concello de Rianxo impulsa accións formativas sobre o monte e renova a iluminación do paseo marítimo
A corporación municipal sacou este martes a licitación estas dúas iniciativas que contan cun orzamento de 74.000 euros e de 30.000 euros respectivamente

O Concello de Rianxo impulsa accións formativas sobre o monte como a xestión de gando en extensivo / Cedida
O Concello de Rianxo vén de sacar a licitación dúas iniciativas clave para o municipio: un programa de formación en xestión e aproveitamento do monte e a renovación da iluminación do paseo marítimo.
A primeira das actuacións corresponde á licitación dun programa formativo dirixido á veciñanza, cun orzamento superior aos 74.000 euros. Este proxecto enmárcase dentro do proxecto 'Laboratorio ecosocial do Barbanza', unha iniciativa financiada cunha subvención de 1.900.000 euros do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. O obxectivo do proxecto é promover unha xestión multifuncional e sustentable do territorio, coa participación de entidades como o propio Concello ou a Plataforma pola Defensa do Monte.
As accións formativas abranguerán temas como os traballos silvícolas, a xestión de gando en extensivo, o aproveitamento micolóxico e resineiro, o cultivo do castaño e a apicltura. Deste xeito, búscase fomentar o coñecemento e o aproveitamento racional dos recursos naturais da contorna.
Por outra banda, tamén se vén de licitar a primeira fase da renovación da iluminación do paseo marítimo de Rianxo. Cun investimento duns 30.000 euros, esta fase centrarase no tramo comprendido entre Setefogas e a Carballeira. As luminarias actuais serán substituídas por novos modelos con tecnoloxía LED, máis eficientes enerxeticamente, o que permitirá reducir o consumo eléctrico e mellorar a iluminación da zona.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
