Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Un novo vial ‘osixena’ o tráfico na contorna dos Xulgados de Ribeira

A prolongación da rúa Barbanza abriuse este xoves e nela habilitáronse quince prazas de estacionamento

Un operario sinalizando as prazas de estacionamento na prolongación da rúa Barbanza.

Un operario sinalizando as prazas de estacionamento na prolongación da rúa Barbanza. / Cedida

Ribeira

O Concello de Ribeira puxo en marcha a reorganización do tráfico rodado na contorna dos Xulgados co obxectivo de gañar fluidez na circulación e aumentar as prazas dispoñibles para o estacionamento de vehículos.

A rúa Mariño de Rivera pasa a ser de dobre sentido de circulación, co traslado dos actuais estacionamentos da marxe esquerda á dereita. Este cambio facilitará o acceso tanto aos Xulgados como á sede da Policía Local, mellorando a mobilidade do tráfico na zona.

Ademais, as rúas Barbanza, Feira e Pedro Arias modifican o seu sentido de circulación. Con esta nova configuración, as persoas residentes e usuarias dos servizos públicos poderán optar por saír cara á avenida Miguel Rodríguez Bautista, como ata o de agora, ou pola avenida da Constitución. Esta última opción será posible grazas á apertura ao tráfico, na xornada deste xoves, da prolongación da rúa Barbanza, que discorre por diante dos Xulgados e por detrás do auditorio e na que se habilitaron quince prazas de estacionamento. 

Sinalización do cambio de sentido na rúa Barbanza, xunto ao edificio dos Xulgados.

Sinalización do cambio de sentido na rúa Barbanza, xunto ao edificio dos Xulgados. / Cedida

Esta reordenación do tráfico enmárcase nun proxecto máis ambicioso de mellora da mobilidade urbana que inclúe a reforma integral, xa en marcha, da Praza do Centenario (xunto á que se ubica o novo auditorio). Esta actuación froma parte dunha estratexia para mellorar a mobilidade urbana entre ese espazo, o parque de Abesadas e as prazas do Concello, de España (ubicada na zona do Rueiro) y de Uxío Novoneyra.

Unha actuación que foi deseñada polo estudo 2C Arquitectos e adxudicada á UTE Gestión Ambiental de Contratas S.L.-Prace Servicios y Obras S.A. por un importe de 1.118.766 euros. O proxexto incluirá, así mesmo, a dotación de nova iluminación.

Tracking Pixel Contents