O BNG esixe no Parlamento o remate da "situación demencial" dos centros de saúde de Ribeira e Aguiño
Dende a consellería de Sanidade comprométense a cubrir todas as prazas vacantes

Veciños de Ribeira e Aguiño diante do Parlamento galego / Cedida

A crise sanitaria nos centros de saúde de Ribeira e Aguiño chegou este martes ao Parlamento galego, onde o BNG exixiu á Xunta que poña fin á "situación demencial" que padecen profesionais e pacientes. A deputada Rosana Pérez liderou a denuncia nun pleno ao que asistiron un cento de veciños afectados, ademais do alcalde de Ribeira, Luís Pérez.
A principal demanda do BNG é a dotación do persoal médico necesario nos dous centros, especialmente en Aguiño, onde as prazas seguen sen cubrirse de forma estable. "Cando van ter Aguiño e Ribeira o persoal médico que necesitan e que lles corresponde?", preguntou a deputada nacionalista, que criticou que a única solución da Xunta ata agora foi "vestir un santo para desvestir outro", trasladando médicos dun centro a outro sen resolver o problema, como indicou.
Pérez advertiu que esta falta de persoal "é insostíbel", cun centro de saúde en Ribeira con máis de 20.000 pacientes que só ten dez médicos cando debía contar con 15, ou con mobilizacións semanais en Aguiño dende hai cinco meses.

Reunión dos veciños afectados pola situación do centro de saúde de Aguiño / Cedida
A Xunta achacao á falta de médicos a nivel estatal
Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, defendeu a xestión da Xunta, asegurando que a asistencia sanitaria está garantida mediante reorganizacións de persoal. Explicou que Ribeira conta cun total de 18 médicos de familia repartidos en catro centros, aínda que recoñeceu que actualmente existen catro vacantes por xubilacións e incapacidades temporais.
Gómez Caamaño tamén sinalou que a falta de médicos non é exclusiva de Galicia, senón un problema a nivel estatal. Criticou a inacción do Goberno central e destacou que Galicia leva meses reclamando medidas como a ampliación voluntaria da idade de xubilaciñon ata os 72 anos ou a homologalización áxil de títulos de médicos estranxeiros. "Médicos máis maiores, non máis médicos, esa é a súa solución, señor conselleiro", manifestou ao respecto Rosana Pérez.
O titular de Sanidade reiterou o seu compromiso de buscar solucións para Aguiño, asegurando que estudará "todas as fórmulas posibles" para cubrir as prazas vacantes. Con todo, a oposición nacionalista segue sen confiar nestas palabras. "Non nos fiamos", incidiu a nacionalista recordando como se pecharon na pandemia os centros de saúde de Cabo de Cruz e Taragoña e "permanecen pechados".
A deputada do BNG conluíu lembrando que, máis aló da voluntariedade dos médicos, a sanidade pública sostense grazas á "extraordinaria dedicación do persoal sanitario", e pediu ao conselleiro unha resposta clara: "Se non hai voluntarios, cal vai ser a súa próxima ocorrencia?".
- David Arcay y Manuel Ramos 'sobreviven' al frío y al viento en A Fervenza para proclamarse campeones gallegos de lago
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- Santiago presenta la Festa da Uña de San Lázaro con un homenaje a los fundadores de la Orde y la París de Noia en el cartel


