FORMACIÓN
Boiro, Rianxo e A Pobra únense a prol da inserción laboral
Desenvolven dous plans formativos nos que participan máis de 100 persoas

Os alcaldes da Pobra, Rianxo e Boiro no centro de formación de Espiñeira / Concello de Boiro
Os alcaldes de Boiro, José Ramón Romero; Rianxo, Julián Bustelo; e A Pobra, José Carlos Vidal, visitaron o Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira para coñecer a evolución dos programas formativos que se están a desenvolver de forma conxunta entre os tres concellos.
Un é o Programa Integrado de Emprego, destinado a 100 persoas da comarca inscritas como demandantes de emprego que, durante 12 meses, están a recibir formación específica acorde aos sectores produtivos da zona; así como outras xornadas destinadas a mellorar as habilidades de empregabilidade e inserción laboral. Na pasada edición acadouse con este unha inserción laboral do 68%.
«Estes programas responden ás necesidades das nosas empresas en canto a perfís profesionais e son unha aposta dos tres concellos para a integración laboral da veciñanza, o que dá como resultado unhas moi boas cifras de inserción», afirmaron os alcaldes.
Visitaron tamén ao alumnado que participa no programa de emprego Xuventude I destinado a mozos e mozas inscritos en Garantía Xuvenil e que se están a formar en montaxe de equipos informáticos, operacións auxiliares de manutención de sistemas microinformáticos e operacións auxiliares con tecnoloxías da información e comunicación. Ambos programas están financiados pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. «É un orgullo ver os resultados dos mesmos», subliñaron os rexedores.
- Paz Padilla, tras completar el Camino de Santiago: “El verdadero regalo no es llegar a Santiago, sino…”
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Luz verde para construir casi 3.000 viviendas en Santiago: viviendas unifamiliares, un edificio de trece plantas y zonas verdes
- Más de 50 personas se dan de alta al día como demandantes de vivienda protegida
- El acceso a Santiago desde la autopista y la autovía de Brión seguirá cortado hasta el miércoles
- El elevado caudal de los ríos limita las capturas en el arranque de la campaña de pesca fluvial
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
