Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A campaña de San Valentín da patronal de Boiro bate récord con 1.183 tíckets

Gabriela Ruth, Marco Lorenzo, Joaquín Rodríguez, Sandra Mª Pérez e Laura Redondo gañaron as cinco exclusivas caixas de doces

Unha das gañadoras das exclusivas caixas de doces.

Unha das gañadoras das exclusivas caixas de doces. / Cedida

Boiro

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) finalizou con éxito a súa campaña especial de San Valentín, premiando a fidelidade dos clientes co sorteo de cinco exclusivas caixas de doces, elaboradas especialmente para a ocasión.

As persoas gañadoras son: Gabriela Ruth Ruoss, Marco Lorenzo González, Joaquín Rodríguez Muñiz, Sandra Mª Pérez Piñeiro e Laura Redondo Sanisidro.

En total rexistráronse 1.183 tíckets de compra (150 máis que a campaña de San Valentín de 2024, que durara dous días máis, o que supón un novo récord da campaña).

Os 1.138 rexistros nos 11 días da campaña superan en 375 os dos 11 días anteriores á súa celebración, o que evidencia o impacto que tivo nas vendas dos negocios (un 32% de incremento).

Tracking Pixel Contents