O Obradoiro Tahume X inicia a fase práctica con proxectos en Ribeira e Porto do Son
Unha vintena de alumnos estase formando en Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e Traballos de Carpintería e Moble

Alumnos do Obradoiro de Emprego Tahume X / Cedida
O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume X comezou a súa fase práctica-laboral nas especialidades de Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e Traballos de Carpintería e Moble. Un total de vinte alumnos, procedentes dos concellos de Ribeira e Porto do Son, inician así o seu primeiro contacto real coas ferramentas e maquinarias que empregarán nos distintos proxectos planificados.
Neste sentido, está previsto que os alumnos en formación realicen unha quincena de actuacións en ambas localidades. En Porto do Son procederase ao mantemento das pasarelas de madeira na praia de Coira, a reparación do peche do parque infantil da Casa da Cultura de Caamaño, a instalación dun peche no parque infantil de Nebra ou a mellora da masa arbórea en Miñortos, Trapa, Coira, Arnela, Castro, Can Pasal, Mandanela ou A Ponte Medieval.
Pola súa parte, en Ribeira está previsto a realización dunha pasarela de madeira no campo de fútbol de Carreiro, a renovación dos accesos á pasarela e a restauración dos bancos da praia do Castro, a reconstrución da ponte de madeira do río entre Aguiño e Castiñeiras ou actividades auxiliares en conservación e mellora do Monte de San Roque e do río Pedrín.

Alumnos do Obradoiro de Emprego Tahume X / Cedida
O Obradoiro de Emprego Tahume X é un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade e empregabilidade das persoas que actualmente están desempregadas, e que está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e promovido polos Concellos de Ribeira e Porto do Son, con dez alumnos de cada unha deas localidades. Ademais, como incentivo, a Xunta de Galicia realiza unha aportación de 30.000 euros para fomentar a empresas a que contraten a persoas formadas neste obradoiro.
Ademais de formación específica de carpintería e forestal, o alumnado recibirá formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras. Por outro lado, o alumnado participante que non estea en posesión da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) recibirá formación específica para a súa preparación e obtención.
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
