O Concello de Padrón convoca a XXXV edición do Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa
O certame, referente na literaura en galego e castelán, mantén aberto o prazo de presentación ata o 15 de xullo

Pola esquerda, Esteban Folgar, Lourdes Regueiro, Beatriz Vázquez, Anxo Arca e Carlos Arias, membros do jurado da pasada edición do Premio Literario Camilo José Cela / Cedida

O Concello de Padrón vén unha nova edición, a número trinta e cinco, do Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa, un dos galardóns máis consolidados no panorama literario nacional. Dende 1989, este certame rende homenaxe ao escritor padronés e Premio Nobel de Literatura, co obxectivo de impulsar a creación literaria en galego e castelán.
O premio conta cunha dotación de 1.500 euros e unha estatuiña conmemorativa para a obra gañadora. Poderán presentarse relatos inéditos e orixinais en calquera dos dous idiomaas admitidos, cunha extensión de 12 a 25 folios, mecanografados ou en formato Word, a dobre espazo e en Arial 12.
Os traballos deberán entregarse por quintuplicado, sen sinatura e identificados cun lema, no Rexistro Xeral do Concello de Padrón ou por correo postal. Ademais, será necesario achegar nun sobre pechado os datos persoais da persoa autora.
O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 15 de xullo deste ano. Un xurado designado polo alcalde de Padrón, Anxo Arca, encargarase de avaliar as obras seguindo criterios de publicidade, transparencia, igualdade e obxectividade. O fallo do xurado farase público antes do 31 de decembro no taboleiro de anuncios do concello.
Con máis de tres décadas de historia, este premio reafírmase como un referente da narrativa en Galicia e no ámbito hispano, contribuíndo á promoción de novos talentos e mantendo vivo o legado literario do escritor.
Ademais, como antesala desta nova edición, este venres 21 de febreiro, ás 19.00 horas, celebrarase no Paraninfo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela a entrega do XXXIV Premio Literario Camilo José Cela que nesta edición distingue á escritora Amalia Blanco Pose pola súa obra No negro da ialma.
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover

