Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Outes avanza na modernización dixital con novas infraestruturas en telecomunicacións

A nova torre de telefonía móbil de Piñeiro leva meses proporcionando servizo na parroquia de Santo Ourense

Anxo Núñez na torre de telefonía móbil de Piñeira

Anxo Núñez na torre de telefonía móbil de Piñeira / Cedida

Outes

O tenente de alcalde e concelleiro de comunicación de Outes, Anxo Núñez Fernández, realizou unha visita ás instalacións da torre de telefonía móbil de Piñeiro, que xa leva meses proporcionando servizo a unha parte da veciñanza da parroquia de Santo Ourense. Esta actuación foi feita a través dun convenio asinado no 2022 con RETGAL para a mellora das comunicacións en zonas de caencia de cobertura.

Ademais, tamén está en marcha a construcción dunha nova torre de telefonía e Roo de Arriba, que beneficiará aos veciños das parroquias de Roo, Tornil e áreas lindeiras.

Durante a súa visita, o concelleiro aproveitou para facer un repaso dos avances conseguidos no que vai de mandato no desprazamento das tecnoloxías de telecomunicacións como a fibra óptica conseguindo levala a lugares con longa reivindicación como Cabanamoura, Cando ou dotando de servizo a toda a parroquia de Outes que ate o momento carecía dela.

Nova iluminación do campo de fútbol de Outes

Nova iluminación do campo de fútbol de Outes / Cedida

Estas melloras nas instalacións de telefonía súmanse á recente nova iluminación do campo de fútbol, que xa está en funcionamento dende esta semana. A obra, que supuxo un investimento de 51.004 euros, súmase á renovación das luminarias do Pavillón Municipal, onde se investiron 21.990 euros.

Tracking Pixel Contents