Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ambar promove a accesibilidade universal no sector marítimo

A entidade presentou en Ribeira un proxecto que incide na mellora das condicións que deben presentar os entornos, procesos e servizos

Asistentes á presentación do proxecto de Ambar na lonxa de Ribeira.

Asistentes á presentación do proxecto de Ambar na lonxa de Ribeira. / Cedida

Ribeira

A asociación de persoas con diversidade funcional Ambar presentou na lonxa de Ribeira o proxecto Ría de Arousa Accesible, centrado na accesibilidade universal e nas condicións que deben presentar os entornos, procesos, bens, servizos, produtos, ferramentas e dispositivos para que poidan ser empregados polo maior número de persoas de maneira eficaz, cómoda, independente e segura.

O acto foi presentado por Milagros Rey, presidenta da asociación, e Juan José Rial Millán, patrón maior da Illa de Arousa. Ambar e a confraría da Illa de Arousa traballlan para impulsar este proxecto conxunto e incrementar a accesibilidade do sector marítimo para incluír a todas as persoas no sector, garantindo a súa plena participación.

Na presentación estiveron presentes tamén os alcaldes de Ribeira, Luis Pérez Barral, e de Boiro, José Ramón Romero; Alicia Romero e Helena Teira, secretaria e coordinadora xeral de Ambar, respectivamente; os concelleiros de Sanidade, Mar e Servizos Municipais de Ribeira, Juan Luis Furones, Fernando Abraldes e Tania Redondo, respectivamente; Miguel Ángel Iglesias, patrón maior de Rianxo e presidente do Galp; e representantes de entidades da comarca, como a Asociación Española contra o Cancro de Ribeira ou a Confraría da Dorna.

Os asistentes puideron degustar produtos do mar a cargo de Gastrolab Arousa, de Miguel Mosteiro.

Ría de Arousa Accesible está financiado polo Galp Ría de Arousa e a Consellería do Mar e cofinanciado pola Unión Europea.

Tracking Pixel Contents