Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Amicos activa o proxecto Arousa-lab para poñer en valor o traballo das comunidades locais da ría de Arousa

O luns celebrarase en Boiro a primeira reunión do comité social

Xoán España, director xeral de Amicos.

Xoán España, director xeral de Amicos. / Cedida

Boiro

O Centro de Atención Integral da asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos, ubicado en Boiro, acollerá o vindeiro luns 24 ás 10.00 horas a reunión inicial do comité social de Arousa-lab, un proxecto que busca poñer en valor o traballo das comunidades locais e os axentes da ría de Arousa, cunha cultura mariñeira especialmente rica e cun impacto tan positivo a nivel social e ambiental.

Á xornada asistirán a directora territorial da Consellería do Mar, María José Cancelo; o director xeral de Amicos, Xoán España; a directora-xerente do Centro Tecnolóxico do Mar, Rosa Chapela; a responsable I+D+i de Mexillón de Galicia DOP, Ángeles Longa; e os patróns maiores de varias confrarías da ría.

No encontro presentaranse o proxecto e as propostas de acción para acadar os obxectivos, e plantexaranse boas prácticas de restauración mariña (recuperación de gorgonias e plantación de algas).

Así, entre as actividades do proxecto figura a creación dun comité social integrado por representantes de diferentes actores para poner en valor as comunidades locais e aos axentes de cambio.

Tracking Pixel Contents