Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Luis Oujo e os empresarios locais reúnense para impulsar o desenvolvemento económico de Porto do Son

O rexedor tratou futuras colaboracións coa nova directiva da Asociación de Empresarios de Portosín

Luis Oujo durante a reunión coa nova directiva da Asociación de Empresarios de Portosín

Luis Oujo durante a reunión coa nova directiva da Asociación de Empresarios de Portosín / Cedida

Anxo Bentrón

Anxo Bentrón

Porto do Son

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, acompañado pola concelleira de Cultura, Alicia Martínez, e o concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, mantivo unha reunión coa nova directiva da Asociación de Portosín (AEP) para definir os obxectivos e liñas de traballo a desenvolver nos vindeiros meses.

O encontro celebrouse na Casa do Concello e contou coa presenza da nova presidenta da AEP, María Esther Gianzo Carreira, e da tesoureira, Berta Díez Martínez. Durante a reunión abordáronse temas como futuras colaboracións entre ambas entidades, a presentación de programacións e un plan de actividades orientado a dinamizar o tecido empresarial local.

Ao remate do encontro, Luis Oujo puxo en valor a importancia de fomentar o emprendemento entre a veciñanza e destacou o compromiso do Concello co desenvolvemento económico da vila: "Pola nosa parte, seguiremos apoiando todo este tipo de iniciativas e asociacións que permiten construír unha vila con futuro, con desenvolvemento económico e creación de emprego".

"Consideramos importante seguir fomentando a cultura emprendedora entre a veciñanza, así como a motivación e o acompañamento preciso para alcanzar un proxecto empresarial sólido e viable", conluíu o rexedor.

Tracking Pixel Contents