Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ribeira convoca o Consello Sectorial de Pesca para abordar a crise do marisqueo e o dragado dos portos

O órgano que representa a todo o sector do mar reunirase o vindeiro venres 14 de marzo

Mariscadores retirando berberecho ayer en O Testal.

Mariscadores retirando berberecho ayer en O Testal. / Cedida

Anxo Bentrón

Anxo Bentrón

Ribeira

O Concello de Ribeira, a través da concellería de Mar, convocou para o vindeiro venres 14 de marzo o Consello Sectorial de Pesca, un órgano no que está representado todo o sector do mar da localidade. A reunión abordará cuestións clave como o dragado dos portos ou a situación actual do marisqueo.

A última sesión deste consello celebrouse o 12 de xaneiro do pasado ano, polo que esta nova convocatoria servirá para actualizar a folla de ruta en materia pesqueira e portuaria. O concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, destacou que un dos puntos máis urxentes a tratar será "o dragado do porto de Ribeira e Aguiño polos constantes episodios de embarcacións que se quedan en seco". Ademais, sinalou a necesidade de mellorar o alumeado dos portos, "sobre todo o de Ribeira que leva cinco meses sen luz e igual neste senso os portos das parroquias de Corrubedo, Castiñeiras, Palmeira e Aguiño".

Outro dos temas centrais do encontro será a grave crise que afronta o marisqueo. Neste sentido, Abraldes, destacou a importancia de definir "cales son as medidas ou a folla de ruta que ten a consellería en busca de atopar solucións".

Na mesma liña se expresou o alcalde, Luís Pérez, que destacou que abordar o problema do marisqueo é unha necesidade fundamental. "A situación que atravesa este sector require un estudo e definir un plan de acción claro co obxectivo de buscar solucións duradeiras e efectivas para paliar a reducción da productividade na ría", indicou.

"Dende o Concello de Ribeira seguimos comprometidos con desenvolvemento do sector pesqueiro e marisqueiro, motor económico da vila", incidiu o rexedor, que explicou que este Consello Sectorial de Pesca "será unha oportunidade para tratar cuestións importantes para os nosos portos e a actividade pesqueira".

Tracking Pixel Contents